Este sábado cos xornais do grupo El Progreso e La Capital e o 4 de maio co Correio do Minho, en Braga
Este sábado, 28 de abril, os xornais do grupo El Progreso (Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo) e do grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños) entregarán de xeito gratuíto un cd de música clásica por iniciativa do Eixo Atlántico.
O disco que se repartirá contén os finalistas da categoría de solistas e agrupacións de cámara da última edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico. Trátase dunha hora de música clásica interpretada por mozos dos dous lados do Miño ao piano, fagote, percusión, trombón ou violín.
No vindeiro dia 4 de maio sumarase tamén a este reparto o xornal luso Correio do Minho, que fará unha entrega masiva na área de Braga.
Trátase dunha acción de promoción con motivo da VI Edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, que terá lugar o 5 e 6 de maio no municipio portugués de Vila Real.
A Mostra Musical celebra neste 2018 a súa primeira década como un certame plenamente consolidado para a promoción dos novos artistas de Galicia e o Norte de Portugal.
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/cultura-educacion-y-deportes/o-eixo-atlantico-regala-musica-clasica-coa-prensa-galega-e-portuguesa#sigProId66be91fb9d