Skip to main content

Matosinhos vai ter sala de cinema Imax

Matosinhos vai ter sala de cinema Imax

En abril, Matosinhos será a segunda cidade do país cunha sala Imax. Tras Lisboa, o Mar Shopping ofrecerá aos amantes de cinema este tipo de proxección.

O cinema Imax usa un sistema de proxección con tecnoloxía punta, que proporciona imaxes máis nítidas e brillantes, unha xeometría singular da sala, pantallas moitas maiores que os convencionais e un sistema de son poderoso, que proporcionan un ambiente tan real que coloca o espectador no centro da acción.


Segundo datos da empresa, a sala de Lisboa xa recibiu preto de 150 mil espectadores desde a súa apertura en xuño de 2013. A rede Imax posúe preto de 880 salas de cinema en 60 países.