Por primeira vez, tres cidades, Porto, Vila Nova de Gaia e Matosinhos, acollen, simultaneamente, esta competición que reunirá, con toda probabilidade, o maior número de deportistas da súa historia
Os undécimos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrará do 5 ao 10 de xullo deste ano, contarán, probablemente, coa maior participación de deportistas das cidades do Eixo Atlántico, nos seus máis de 20 anos de historia, atendendo ao ritmo de inscricións que se realiza.
Tamén será a primeira vez na historia dos Xogos do Eixo Atlántico que tres cidades, Porto, Vila Nova de Gaia e Matosinhos, compartan a organización deste evento que se celebra cada 2 anos, desde 1995.
Porto acollerá as probas de Tenis e Atletismo Cros. Pola súa banda en Vila Nova de Gaia disputaranse as probas de Fútbol 7 e Balonmán, mentres en Matosinhos celebraranse as de Atletismo en Pista e Atletismo en Pista Adaptado, Natación e Natación adaptada, Voleibol e Baloncesto.
O Eixo Atlántico, sensible á maior participación posible de mozos deportistas, inclúe desde hai varias edicións probas de atletismo adaptado. Nesta edición o deporte adaptado se ampla ás probas de natación que contará con varios xóvenes nadadores discapacitados, en diversos graos.
Desde 1995 os Xogos do Eixo Atlántico están dirixidos á promoción do deporte, á convivencia entre os mozos e, tamén ao mellor coñecemento entre os cidadáns das dúas rexións.