A mostra itinerante, conformada por 29 traballos creativos, estará aberta ao público ata o día 30 de marzo
A décimo primeira edición da Bienal de pintura do Eixo Atlántico quedou dende onte aberta ó público na sáa de exposicións da casa da cultura de Verín. O acto estivo presidido polo alcalde verinense, Gerardo Seoane, e ó mesmo asistiron todos os alcaldes da comarca, excepto o de Castrelo do Va. A mostra permanecerá visitable ata o vindeiro 30 de marzo.
Un total de 29 traballos inéditos de creadores e creadoras galegos e portugueses, seleccionados entre máis de 100 traballos admitidos a concurso, conforman a exposición itinerante da bienal, promovida polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular co apoio da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia. A bienal, organizada polo Eixo Atlántico en colaboración coa Fundação dá Juventude (FJ) de Portugal, é a única exposición itinerante que se realiza entre dous países da Unión Europea. O seu principal obxectivo é favorecer un espazo de promoción e de intercambio de novos creadores e creadoras da Eurorrexión.
A XI Bienal de Pintura percorrerá, ata abril de 2017, varios municipios de Galicia e do Norte de Portugal.