Skip to main content

A praza de touros de Viana vai ser transformada en pavillón deportivo

A praza de touros de Viana vai ser transformada en pavillón deportivo

A antiga praza de touros de Viana do Castelo vai ser transformada en pavillón deportivo, seis anos despois de que a cidade se declarára antitaurina

Segundo o alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, o obxectivo do concello pasa por transformar a antiga area nun espazo polivalente para a práctica de varias modalidades, de forma simultánea como ximnasia, esgrima, patinage artístico e hóquei a patíns e baloncesto.

 

A praza foi construída en 1948 e tivo unha intensa actividade inicial pero, os últimos anos, quedou reducida a un espectáculo anual que sucedeu pola última vez en agosto de 2008. Permanecía pechada desde 2009, cando Viana do Castelo declarouse cidade antitaurina.