Inscríbete na xornada "A Sustentabilidade Social: un urbanismo para as persoas"

A conferencia será o 25 de xaneiro, de 18.30h a 20.30h, na Coruña. Inscríbete aquí
Paideia Galiza Fundación organizou o ciclo de xornadas "Repensar a Boa Vida", composto por catro conferencias moderadas por Marga Pazos, xornalista e presentadora de televisión. Este ciclo quere explorar ideas sobre o que é unha vida boa e as propostas para facer camiño facía unha vida non danada (en termos sociais, políticos, económicos, emocionais e ambientais) digna de vivirse para a maioría de seres humanos.
Todas as xornadas teñen lugar na sede de Paideia Galiza Fundación, na Praza de María Pita nº17 da Coruña. Para asistir hai que inscribirse aquí.
A próxima, e segunda, conferencia trata sobre a sustentabilidade social baixo o título "Un urbanismo para as persoas". A relatora é Sonia Ponte Landázuri, arquitecta urbanista desde 1999. Doctoranda en Xénero e Diversidade na Universidade de Oviedo. Cofundadora de quiquiricú_innovación social. Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do Principado de Asturias entre 2020 e 2023. Primeira muller Decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Asturias no período 2016-2019.
A terceira conferencia celebrarase o 14 de marzo "O saber do erro. Cando o bo non é sempre o mellor". A relatora será Ana Carrasco-Conde, profesora de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Especializada en idealismo alemán e romanticismo e formada no mundo clásico. As súas inquietudes filosóficas céntranse no ?lado escuro? da realidade (o mal, o malestar e o terror) ou máis "indigerible" (a dor, a morte, a desesperanza). O seu foco central de traballo ten como núcleo o "indicible" e o "irrepresentable".
O ciclo finalizará o 25 de abril coa xornada "Comprometer o pensamento. Comprometer a vida". O relator será Félix Ovejero, doutor en ciencias Económicas e profesor de Economía, Ética e Ciencias Sociais na Universidade de Barcelona. Realizou longas estancias como investigador nas universidades de Chicago e de Madison e impartido cursos e seminarios en distintas universidades de Europa e América. Publicou numerosos artigos en revistas especializadas sobre teoría social, filosofía das ciencias sociais e filosofía política.