Skip to main content

Até o 24 de xullo, o Foro de Maia acolle a exposición XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Até o 24 de xullo, o Foro de Maia acolle a exposición XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Unha das chaves do éxito do Eixo Atlántico é conferir escala ás cidades pequenas e medias no contexto europeo. Esta escala non se revela só no contexto político e económico, senón tamén no cultural, do cal é exemplo esta Bienal que asina xa a súa undécima edición.
O auténtico espírito desta bienal é promover a creación pictórica como industria creativa, entre os artistas da eurorrexión. Artistas que se dan a coñecer neste encontro de cultural e de arte, e que en non poucos casos, son hoxe pintores recoñecidos internacionalmente. O mundo da arte nas nosas cidades conta con excelentes creadores, pero sofre de falta de visibilidade no exterior con medidas que os promovan en circuítos que van máis aló das súas cidades e do seu medio.
Esta é precisamente a calidade da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. A itinerancia polas cidades da eurorrexión  constitúe un premio en si mesmo para as obras seleccionadas por un xurado independente, unha vez que durante dous anos danse a coñecer en círculos aos cales non terían acceso, ademais da acción cultural que supón o coñecemento da obra dos demais artistas que conviven nun mesmo espazo sociocultural. Cada día son máis numerosos os galeristas que recorren á Bienal para concertar as exposicións dos novos valores da creación pictórica.

 

ABERTA AO PÚBLICO: de martes a domingo das 09h00 ás 22h00
MAIA FORO | CENTR'ARTE