Skip to main content

Galicia e Portugal únense por unha ponte cultural

Galicia e Portugal únense por unha ponte cultural

Romper as barreiras entre España e Portugal é un dos principais obxectivos nos que vén traballando o Eixo Atlántico desde os seus inicios. Unha vez máis demostra que isto é posible con apoios como os que lles levaron a asinar un protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación e Cultura e o Eixo Atlántico no marco de actividades culturais na Eurorrexión. Por unha banda o Conselleiro Román Rodríguez, e por outro Ricardo Río, presidente do Eixo Atlántico e presidente da Camara Municipal de Braga asinaron este documento que lles une en materia cultural para o seu desenvolvemento no territorio galego e o norte de Portugal.

Trátase dunha serie de apoios por parte da Consellería ás múltiples facetas culturais que desenvolve o Eixo Atlántico a través dos 38 concellos e deputacións que o compoñen. Neste sentido Román Rodríguez sinalou que estas actividades contribúen ao desenvolvemento territorial, dándolle unha maior valía pois a través destas iniciativas tamén se fomenta a actividade económica entre os dous territorios.
Estes apoios, que non terán achegue económico, axudarán a vertebrar mellor actividades que vén desenvolvendo o Eixo Atlántico como a Capital dá Cultura ou a Bienal de Pintura; neste sentido o traballo consiste en dar apoios institucionais para achegar membros aos xurados, por exemplo, polo Consello da Cultura. Pero tamén nestes apoios a Xunta pode proporcionar contactos na facultade de Belas Artes, en materia teatral para o fomento dun circuíto por todas as cidades do Eixo, ou mesmo en apoios institucionais, necesarios, para a candidatura do Camiño Portugués de Santiago a Patrimonio Inmaterial da Humanidade, no que vén traballando tamén o Eixo Atlántico.