Skip to main content

Exposición Fotográfica "Rota do Património Mundial do Douro/Douro", en Mirandela

Exposición Fotográfica "Rota do Património Mundial do Douro/Douro", en Mirandela

Trátase dunha exposición do fotógrafo António Sá sobre os 10 lugares Patrimonio Mundial do Douro/Douro

As imaxes desta exposición traducen apuntamentos visuais captados no Norte da Península Ibérica, en zonas próximas da liña de fronteira entre Portugal e España no trazado do río Douro/Douro retratando 10 lugares Patrimonio Mundial.

 

Nacido en Espinho (Portugal) en 1968, Antonio Sá iniciouse na fotografía aos 11 anos de idade captando a natureza cunha cámara básica.Traballou para diversas revistas europeas, incluíndo a edición portuguesa do National Geografic. A súa vida como freelance permitiulle percorrer destinos como Borneo, Turquía, Brasil, China, Alaska, Mongolia, Islandia, Namibia ou Cabo Verde.