Skip to main content

O 15 de novembro, Maraton Popular de San Martiño, en Ourense

O 15 de novembro, Maraton Popular de San Martiño, en Ourense

O prazo de inscripción finaliza entre o 31 de octubre para os que participan na proba de forma profesional e ate o 8 de novembro para o resto

A XXXIX Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 15 de novembro.

O San Martiño de Ourense está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo e está reservada para todas as persoas nadas no ano 1998 e anteriores. O prazo de inscrición remata o 8 de novembro. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.deportesourense.com, facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición. O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal, chip e camiseta é ata o 31 de outubro de 2015.

A cuota de inscrición será de 3€ desde 2 ao 31 de outubro e de 5€ desde o 1 ao 8 de novembro. É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. A Organización contará con servizos médicos a disposición dos corredores.A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.

O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá pólas ruas da cidade das Burgas. Ademáis da proba profesional, todas as persoas interesadas poderán participar na propia maratón popular, previa inscripción.

Estableceranse varios caixóns, sinalizados por cores, en función da marca rexistrada no San Martiño anterior. Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.