Ate o 21 de febreiro estará na Sala Briones de Vilagarcía de Arousa, tomando o testigo do Porto
Conscientes de que a cultura ocupa un lugar fundamental na construción e desenvolvemento da Eurorrexión e do seu sistema urbano, a Bienal de Pintura do Eixo Atlántico constitúe un dos programas máis queridos, de maior éxito e participación.Este programa, con xa máis de 20 anos, estimula a creación artística, posibilitando simultaneamente o intercambio cultural e o coñecemento de artistas, que no noroeste peninsular constitúen unha contribución extraordinariamente viva e dinámica no panorama cultural europeo. Ademáis, o premio de Novos Talentos Luso-Galaicos pretende estimular o esforzo e a creatividade dos máis novos, e que suscita un futuro culturalmente rico e diversificado. Este certame no bienio 2015-2016 chega ao seu XI edición, expondo 29 traballos inéditos de artistas naturais ou residentes no Norte de Portugal e en Galicia, seleccionados entre máis de 100 traballos admitidos a concurso.
A Bienal chega a Vilagarcía de Arousa e permanecerá exposta ate o 21 de febreiro, na Sala Rivas Briones. Previamente, ate o pasado 24 de enero estivo exposta no Palacio das Artes da Fundación da Mocidade, despois de haber xa percorrido 14 espazos culturais dos municipios que integran o Eixo Atlántico e de onde partirá para darse a coñecer ao público en 3 cidades máis, con clausúraa prevista para abril de 2017.
Organizada polo Eixo Atlántico xunto coa Fundação da Juventude e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia é un verdadeiro impulso á creatividade dos artistas e á creación de valor no patrimonio artístico", segundo o Presidente do Consello de Administración, Francisco Maria Balsemão, e o Presidente Executivo, Ricardo Carvalho.