Skip to main content

Cita coa cultura eurorrexional en Santa Maria da Feira

Cita coa cultura eurorrexional en Santa Maria da Feira

A V Capital da Cultura do Eixo Atlántico botou a andar este fin de semana coa presentación da programación o venres e un concerto de fado o sábado

 Coa presentación en detalle da programación o venres e o concerto inaugural da fadista Sandra Correia e catro bandas filarmónicas comezou a V Capital da Cultura do Eixo Atlántico, que este ano se celebra na cidade de Santa Maria da Feira.

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico promove a creación cultural autóctona, reservando parte da súa programación á cultura urbana realizada por novos creadores.

Como se pode ver na programación, ao longo deste ano Santa Maria da Feira acollerá un total de 51 eventos dedicados á Cultura nas súas máis variadas disciplinas artísticas como as artes de rúa, artes plásticas, cinema, cultura urbana, danza, música, novo circo, teatro, teatro de marionetas, folclore e etnografía, recreacións históricas, exposicións, encontros, coloquios ou seminarios, entre outras.

Entre estes eventos transversais a Galicia e Portugal destaca o I Encontro do Cancioneiro Tradicional Galaico Portugués EM.COM.TRADIÇÕES, en setembro, que reunirá músicos e colectivos da Eurorrexión para promover a herdanza musical común, as artes e oficios en torno da construción de instrumentos musicais tradicionais, así como a dimensión etnomuseolóxica, de investigación e produción de coñecemento en música popular. Nesta liña, hai que mencionar tamén o Coloquio sobre Protohistoria e Romanización no Noroeste peninsular, que terá lugar en novembro; o Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito da Cultura (en novembro), ou o concurso de Arte Urbana Urbanidades do Eixo (de maio a outubro).

PROGRAMACIÓN V CAPITAL DA CULTURA DO EIXO ATLÁNTICO

 GALERIA DE IMAXES