Skip to main content

Chano Rodríguez e Guilherme Aguiar analizan o mundo do deporte en Radio Vigo

Chano Rodríguez e Guilherme Aguiar analizan o mundo do deporte en Radio Vigo

 Coincidindo co comezo dos Xogos do Eixo Atlántico en Lugo, Sarria e Monforte

O campión paraolímpico de natación Chano Rodríguez e o responsable de Deportes do municipio de Vila Nova de Gaia, Guilherme Aguiar, analizaron o mundo do deporte no programa de xullo sobre a Eurorrexión que emite a Cadena Ser, Localia Televigo e Antena Minho.

Coincidindo co comezo dos XII Xogos do Eixo Atlántico, que se celebraron do 4-9 de xullo en Lugo, Sarria e Monforte, os invitados destacaron as virtudes que a práctica deportiva ten para os máis novos, tanto para a saúde física como mental.

Neste sentido Guilherme Aguiar, que preside o Grupo Temático de Deportes do Eixo, sinalou a importancia do xogo limpo como valor principal dos Xogos, un recoñecemento que este ano precisamente recibiu o municipio de Gaia polos seus resultados na pasada edición dos Xogos.

Pola súa banda, Chano Rodríguez explicou que o deporte transmite unha serie de valores que non teñen que ver co económico, e isto “é o que o fai grande”.  Ademais, destacou que “o deporte é como a vida mesma”, hai dificultades e é necesario moito traballo e disciplina para superalas.