O XVII LUSO GALAICO - clásico campionato entre surfeiros galegos e portugueses - terá lugar os próximos días 21 e 22 de Novembro, na praia da Cabedelo, en Darque
O LG está organizado polo Surf Club de Viana, desde 1998, e estivo sempre asociado a acontecementos sucedidos no Noroeste Peninsular, como foron: o Prestige "Nunca Máis", o Día da Mariña Portuguesa , os 750 anos da Cidade, as Initiatives Océanes da Surfrider Foundation, o Día Europeo do Mar, entre outros.
O LG 2015 - Surf, Bodyboard e Longboard - é un evento que mobiliza e aproxima aos mozos de ambas as rexións, Norte de Portugal e Galicia, nun cadro competitivo, festivo e de amizade. Conta co apoio de concello de Viana*do Castelo, varias organizacións públicas e sponsors privados.