Braga recibe a bandeira dos Xogos do Eixo para a súa organización en 2019
Sucederá a Lugo, Monforte e Sárria como sede do evento deportivo
Braga albergará os Xogos do Eixo Atlántico en 2019, sucedendo a Lugo, Monforte de Lemos e Sarria, que foron a sede nesta edición celebrada do 4 ao 9 de xullo.
A cerimonia de traspaso da bandeira dos Xogos do Eixo Atlántico tivo lugar o pasado venres, 21 de xullo, nun acto que contou coa participación de Pilar López, alcaldesa de Sarria, José Tomei, alcalde de Monforte, Guilherme Aguiar, presidente do Grupo Temático de Deporte do Eixo Atlántico, Sameiro Araújo, concelleira do Deporte de Braga, Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo, e os alcades de Lugo, Lara Méndez e Braga, Ricardo Río.
Durante o acto Ricardo Río reiterou o forte compromiso da cidade coa organización desta competición, que se asume cunha oportunidade de aproximar os pobos, mostrar o talento da mocidade e a dinámica deportiva e asociativa dos Municipios. Desde a súa orixe esta competición é unha das principais bandeiras do Eixo Atlántico e un factor de gran mobilización.
O alcalde manifestou a intención de manter a calidade da organización que se verificou este ano así como implicar aínda máis á poboación do municipio e da Eurorrexión para dar unha visibilidade extra á competición.
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/cultura-educacion-y-deportes/braga-recibe-a-bandeira-dos-xogos-do-eixo-para-a-sua-organizacion-en-2019#sigProIdcaa0138c7e