Skip to main content

Braga prepárase para acoller a Capital da Cultura do Eixo Atlántico durante 2020

Braga prepárase para acoller a Capital da Cultura do Eixo Atlántico durante 2020

O alcalde de Santa Maria da Feira, que celebrou este programa en 2018,  realiza o traspaso de bandeira ao rexedor de Braga

A Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2020 xa está en mans en Braga. O traspaso institucional da bandeira deste programa, celebrado esta mañá en Santa Maria da Feira, supón o pistoletazo de saída para que o municipio que rexe Ricardo Rio comece a perfilar unha potente programación cultural, que se desenvolverá durante todo o próximo ano. Neste sentido, Ricardo Rio destacou “a participación activa” do seu municipio en multitude de actividades do Eixo Atlántico e que este caso esperan facer un traballo tan bo como o realizado por Santa Maria da Feira.

Pola súa banda, o alcalde de Santa Maria da Feira, Emídio Sousa, mostrouse moi satisfeito coas actividades realizadas “que serven para fortalecer a identidade das persoas que viven tanto no norte de Portugal como en Galicia. Tamén Gil Ferreiro, concelleiro de Cultura de Feira, destacou que a Capital da Cultura “cumpriu o obxectivo de compartir o máis destacado da cultura das cidades? e informou de que algunhas das actividades pensadas para este programa, como foi o teatro de monicreques, agora vaise integrar na programación cultural estable da cidade.

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, resaltou a alta participación e implicación da cidade e explicou que os artistas necesitan plataformas como a Capital da Cultura para darse a coñecer. “Unha das tarefas do Eixo é fomentar o sentido identitario do territorio” e con este tipo de programas sen dúbida contribúese a ese obxectivo.