Skip to main content

Barcelos venceu no Premio europeo “Destino de Turismo Cultural Sustentable”

Barcelos venceu no Premio europeo “Destino de Turismo Cultural Sustentable”

O Municipio de Barcelos foi distinguido internacionalmente co Premio Europeo de “Destino de Turismo Cultural Sustentable” promovido pola ECTN, European Cultural Tourism Network, na cerimonia que transcorreu na cidade de Granada, en España, tras a candidatura `presentada en xullo pasado na categoría “Contribucións das industrias culturais e creativas (ICCs) para o turismo cultural”, co tema “Barcelos Cidade Creativa, Contribucións da Artesanía e da arte Popular como camiños para un turismo máis sustentable”.
Para o alcalde de Barcelos, Miguel Costa Gomes, “este premio é un orgullo, nun conxunto de centenares de entidades, autoridades locais, asociacións, empresas e outros axentes do sector turístico de toda a Europa que se candidataron. Por encima de todo, porque se trata dun incentivo á procura do traballo municipal a favor do turismo creativo como factor de desenvolvemento local, pero tamén dando respaldo á estratexia de promoción e internacionalización desenvolvida os últimos anos en materia de turismo.”
O turismo cultural e as industrias creativas son evidentemente sectores en crecemento en toda Europa e no mundo. Sectores que seguramente irán moldear o futuro de moitos territorios.
A ECTN é única rede pan-europea que se dedica integramente ao desenvolvemento e promoción de accións que se destinan á implementación de estratexias de turismo cultural orientado ao desenvolvemento dun sector verdadeiramente sustentable.