Skip to main content

A XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico termina o seu percorrido en Ribeira

A XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico termina o seu percorrido en Ribeira

A exposición de artistas galegos e portugueses inaugúrase o venres 9 de setembro ás 21.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas

A XII Bienal de Pintura inaugurouse en febreiro de 2022 en Mirandela. Desde entón, as 30 obras que a conforman expuxéronse en Barcelos, Viana do Castelo, Braga, Monforte de Lemos, Maia e Ourense.

O vindeiro venres 9 de setembro, ás 21.00 horas, inaugúrase en Ribeira, onde estará exposta até o 5 de outubro no Centro Cultural Lustres Rivas. A entrada é gratuíta e regalaráselle a cada asistente un catálogo.

A Bienal do Eixo Atlántico conta con obras dunha ampla variedade de estéticas, linguaxes e técnicas que se presentaron a concurso e que foron seleccionadas polo xurado presidido por Antón Pulido e composto por Carlos López Bernárdez, Helena Mendes Pereira, Patrícia Oliveira e Fátima Tees, vencedora da última edición.

A esta décimo terceira edición presentáronse un total de 119 obras que, tras dúas reunións do xurado, seleccionaron as 30 obras que conforman o catálogo.

Os premiados foron:


1º Premio: Coração Resiliente de Perico Senna

2º Premio: Betty de Fruela Alonso Branco

Premio Jovenes Talentos: As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra de Breogán Torres Gutiérrez

Xunto a 5 Mencións de Honra:

1.- 2D-3D de Francisco Javier Pena Fernández

2.- Coa que está a caer de J. Antonio Castro-Muñiz

3.-Poéticas do Desejo de Ricardo de Campos

4.- Untitled de Thomas Apostolou

5.- That was just a dream de Raul José de Oliveira Ferreira

Tras 25 anos, a Bienal de Pintura consolídase como unha oportunidade para que os artistas do Eixo Atlántico gocen dun recoñecemento profesional e é unha plataforma de lanzamento de novos pintores da Eurorrexión. Nesta edición os galardóns ascenderon a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos.

Na organización da XIII Bienal de Pintura colaboraron a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dá Xunta de Galicia e Instituto Portugués do Desporto e Juventude, IP.

A pesar de que o 5 de outubro a Bienal de Pintura remate o seu percorrido polas cidades do Eixo Atlántico, a exposición poderase seguir visitando de maneira virtual a través desta ligazón.

O percorrido virtual está totalmente personalizado de forma que calquera persoa pode elixir como percorrela. Cada cadro contén un globo de información cos datos da obra e o autor.

A Bienal de Pintura desenvólvese no marco do proxecto Hi_Experience cofinanciado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).