Inclúe unha programación cultural en streaming e unha plataforma para a venda dos libros en liña para todas as entidades presentes.
Para minimizar o risco de propagación da pandemia de Covid-19, a edición de 2020 da Feira do Libro de Braga realizarase integramente en ambiente dixital. Nese sentido, foi concibida unha programación cultural en streaming e adoptada unha plataforma para a venda dos libros en liña para todas as entidades presentes. O evento terá inicio o 3 de Xullo e prolongarase durante todo o mes.
A 29ª Feira do Libro de Braga terá unha programación chea de entretemento, coa oferta de centenares de libros e conversacións con autores nacionais e estranxeiros, entre os cales se destacan Richard Zimler, Isabel Stilwell, Afonso Reyes Cabral, os españois Ildefonso Falcones e Manuel Vilas ou a brasileira Adriana Lisboa.
A venda en liña - dispoñible para todos os libreiros, alfarrabistas e editoras participantes -será efectuada a través de aloxamento na plataforma DOTT, unha rede con máis de 900 tendas, dous millóns de produtos e preto dun millón de accesos mensuais, garantindo un nivel de exposición forte e nacional á 29ª Feira do Libro de Braga. Esta plataforma estará dispoñible até final de agosto.
A plataforma recorrerá a unha tecnoloxía street view, onde o visitante é convidado a viaxar polas rúas da cidade de Braga e seleccionar a caseta que pretende visitar, nos espazos onde normalmente transcorre a feira. Ao facelo é enviado para a tenda virtual da plataforma onde pode escoller e comprar os artigos que pretende, sendo estes entregados na súa casa.