A exposición itinerante da XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico estará ata o 30 de marzo en Peso da Régua
Nesta edición participaron máis de 120 artistas
O Auditorio Municipal de Peso da Régua acolle ata o 30 de marzo a XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico.
Nesta edición, que comezou en novembro o seu percorrido no Barco, e visitará as cidades do Eixo ao longo de 2018, participaron máis de 120 artistas. Despois de Peso da Régua a exposición irá ao concello galego de Riveira, onde estará durante o mes de abril.
Os premios do xurado presidido pola artista portuguesa Paula Tavares, recaeron en:
-Premio Novos Talentos Luso-galaicos: Fragmentos de Memória, de Fábio Araújo
-Segundo Premio de autor galego: América, de Xosé Lois Carreira López
-Segundo Premio de autor portugués: Two Big Women, de Marco Macedo
-Primeiro Premio á mellor obra do certame: Série 0, Descontruindo, de Fátima Tees.
A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, con 20 anos de vida ás súas costas, configurouse como unha das principais da Eurorrexión, xunto coa Bienal de Cerveira, e constitúe un auténtico escaparate da creación pictórica galaico portuguesa na Península Ibérica.
GALERÍA DE FOTOS