Son 30 obras das 120 que participaron no concurso de selección da Bienal
O espazo Linha Norte do Estação Viana Shopping acolle, até día 28 de decembro, a X Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, organizada en colaboración entre o Eixo Atlántico e o Concello de Viana do Castelo. Son trinta traballos seleccionados de entre preto de 120 participantes no concurso nesta a súa décima edición.
É a única exposición itinerante entre dous países da Unión Europea, que reúne pinturas inéditas de varios artistas residentes en Galicia e o Norte de Portugal. Trátase dun acontecemento artístico de gran magnitude xa que, máis aló de promover os artistas da eurorrexión, reafírmase como unha do tres mellores exposicións itinerantes de pintura da Península Ibérica.