O grupo de traballo creado polos concellos de Vilagarcía e Matosinhos, ambos integrados no Eixo Atlántico, co obxectivo de fomentar un desenvolvemento sustentable reunirase por primeira vez
Técnicos de ambas as cidades, xunto cos do Fondo Galego de Cooperación que coordina a iniciativa, intercambiarán experiencias para determinar as dinámicas coas que os concellos reformularán as súas políticas na procura de obxectivos en materia ambiental, educativa, de saúde e benestar de igualdade e de xustiza social, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, fixados pola ONU na Axenda 2030. Dada a transversalidade da iniciativa o equipo de Vilagarcía estará conformado por edís de varias áreas e técnicos das mesmas. Por parte da delegación lusa participarán no grupo de traballo o representante da Cámara Municipal de Matosinhos e membros do Instituto Marqués do Vall Flor. Tamén participa na reunión unha técnica do Fondo Galego de Cooperación. Entre os obxectivos fixados na axenda están pór fin á pobreza, reducir as desigualdades, a acción polo clima, unha produción e consumo responsables, a igualdade de xénero ou políticas encamiñadas a ter unha administración máis próxima aos cidadáns.