Skip to main content

Viana do Castelo prohibe o paso da Volta ciclista a Portugal

Viana do Castelo prohibe o paso da Volta ciclista a Portugal

Afirma que  “por prudencia, responsabilidade e respecto pola vida non vai permitir a celebración da Volta A Portugal"

O concello considera que "non pode dar sinais contraditorios" á sociedade sobre o descoñecemento da evolución da pandemia. Por tanto, "non vai permitir a realización da Volta A Portugal en Viana do Castelo".

“Neste tempo de incerteza e de imprevisibilidade sobre a evolución da Covid-19 e dun eventual segunda rebrote, o municipio de Viana do Castelo afirma que  “por prudencia, responsabilidade e respecto pola vida non vai permitir a celebración da Volta A Portugal en Viana do Castelo, a inicios de agosto. Viana é cidade habitual do paso da Volta a Portugal e para a edición deste ano estaba prevista unha chegada no municipio.

O municipio, presidido por José Maria Costa, destaca o difícil que foi “restrinxir a participación dos habitantes en moitas actividades, devocións e manifestacións culturais e relixiosas con profundo sentido comunitario e de identidade”, apuntando como exemplo a peregrinación, case centenaria, a Santa Luzía e a Romaría do Señora d`Agonía.

Para o Concello de Viana do Castelo a saúde dos seus cidadáns “estará sempre en primeiro lugar e o respecto pola vida é un valor supremo que para o concello ten que estar por encima do todo”, subliñou.