O Municipio de Braga lanzou unha nova edición do Premio Municipal de Rehabilitación Urbana Rehabilita Braga 2020. A pre-candidatura, fase obrigatoria no proceso de selección, xa arrincou e prolóngase até ao día 4 de setembro. Para garantir a súa participación débese acceder á web www.reabilitabraga.pt e encher o formulario dispoñible en liña.
Premiar a rehabilitación urbana en dúas categorías
O premio Rehabilita Braga divídese nas categorías de “edificación” e de “Investigación”. A categoría “Edificación” atópase subdividida en dúas modalidades: “Obra de construción” para as obras de creación de novas edificacións inserida en Área de Rehabilitación Urbana legalmente constituída; e obra de restauración e de rehabilitación considerada como intervención en espazo público e/ou en edificios, localizados no territorio municipal, que respecte as características arquitectónicas e patrimoniais da estrutura pre-existente e valore a súa historia e identidade.
A categoría de “Investigación” inclúe traballos académicos (teses de máster, doutoramento, etc), desenvolvidos en universidades portuguesas sobre temas da rehabilitación urbana.
Os premios serán de 5.000 euros para a categoría de “Investigación”. Na categoría de edificación o xurado outorgará premios por valor de 5.000, no caso da subcategoría nova edificación, e de 10.000 euros, para a subcategoría rehabilitación e restauración.