A Semana Santa de Lugo prepárase para solicitar a sua declaración como festa de interese Turístico Galego
O responsable da área de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación Provincial, Eduardo Vidal, lembrou en días pasados a súa asistencia á procesión da Virxe da Esperanza: “Cando se canta a salve mariñeira, para min é un momento moi especial e moi significativo da Semana Santa lucense”. Tamén dixo que apoiaba a petición feita polo Concello de Lugo para que esta celebración recibise o título de Festa de interese turístico galego
A Concelleira de Área de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua do Concello, Carmen Basadre felicitou a todos os que organizan esta Semana Santa e dixo que “é moi importante para o Concello de Lugo a unión desta Semana Santa relixiosa co resto do patrimonio que temos na cidade”. Ademais, felicitou ao autor do cartel anunciador da Semana Santa deste ano: o fotógrafo Eduardo Ochoa.
Actualmente, estase a preparar a súa candidatura para ser declarada festa de Interese Turístico Galego
Descargar Programa