Skip to main content

Pontevedra analiza as posibilidades que ofrece o monte no século XXI

Pontevedra analiza as posibilidades que ofrece o monte no século XXI

Será o vindeiro sábado 8 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra a través da xornada “O monte no século XXI”

Cómo está o monte galego a día de hoxe. Qué posibilidades económicas e proxectos de futuro permite. ¿Hai experiencias exitosas que permiten concluir que pode tirar para adiante? Son preguntas ás que se lle dará resposta o vindeiro sábado 8 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra a través da xornada “O monte no século XXI”, para a que non hai inscrición previa.

A actividade, organizada polo Concello de Pontevedra, ten como un dos seus obxectivos facer un repaso a un "sector prioritario da economía galega" e que o concelleiro de Medio Ambiente Natural, Demetrio Gómez Junquera, considera que "ten futuro", pero que hai que facer unha política forestal distinta "para que poida tirar para adiante".

Na xornada intensiva do sábado 8 de outubro, ente as 9.00 e as 19.00 horas, exporanse no salón pequeno do Pazo múltiples experiencias que porán sobre a mesa que "o monte non é un sector antigo, vello e abandonado", proxectos realizados en Galicia e tamén fóra da comunidade, como o que exporá ás 12.30 horas Ignacio Urbán Martínez, “Bosques Naturales”. A súa intervención versará sobre o aproveitamento de maneiras nobres.

Demetrio Gómez insiste en que esta xornada servirá para demostrar que "o monte no tira só del, senón que tira doutras actividades", entre elas, as novas tecnoloxías. En relación con este último tema, as primeiras charlas das 10.00 e as 10.45 horas versarán sobre drones e topografía e as aplicacións no sector forestal e sobre as novas tecnoloxías e a xestión do monte a través de experiencias como “Geomati-k Ingeniería” (da que falará Rubén Cifrián Touriño ) e “Madera Plus” (Óscar Santaclara Estévez).

O programa permitirá dar unha primeira versión ampla do monte en Galicia e completarase con experiencias de monte comunal, cooperativismo ou novos modelos de xestión forestal sostible como o de Hifas da Terra, na parroquia pontevedresa de Bora.

 

 

Descargar programa