Estará ata o 3 de outubro no exterior do Auditorio municipal
Desde 19 de setembro pódese visitar a exposición comemorativa dos 25 anos do Eixo Atlántico no exterior do Auditorio Municipal de Peso da Régua.
Trátase dunha mostra composta por 36 lonas articuladas en forma de cubos onde se percorre a historia do Eixo Atlántico e os seus fitos en termos de cooperación transfronteiriza e vertebración do sistema urbano. Tras a súa inauguración en Lugo a 15 de febreiro, e o seu paso por Bragança, Viana do Castelo, Guimarães,Valongo, Maia, Braga, Monforte, O Carballiño e Santa Maria da Feira, actualmente pode visitarse no municipio de Peso da Regua, onde permanecerá unha semana máis ata ser transferida ao concello galego do Barco de Valdeorras.
View the embedded image gallery online at:
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/ciudades/peso-da-regua-acolle-a-exposicion-conmemorativa-dos-25-anos-do-eixo-atlantico#sigProId9c2ac8a538
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/ciudades/peso-da-regua-acolle-a-exposicion-conmemorativa-dos-25-anos-do-eixo-atlantico#sigProId9c2ac8a538