Do 19 ao 27 de novembro, a Unión Europea celebra a Semana Europea de Redución de Residuos (EWWR, nas súas siglas en inglés). Esta é a maior campaña de concienciación acerca da prevención de xeración de residuos a escala europea
As campañas sobre a redución de residuos están dirixidas a promover accións tanto a nivel rexional como local. Todo o mundo que o desexe está chamado a participar na campaña rexistrando unha acción nunha deste cinco categorías: administracións públicas, empresa/industria, asociacións/ONG, educación, e cidadáns. Esta campaña finánciaa un grupo de 14 membros entre os que se atopa a Comisión Europea e o Comité das Rexións.
Cada ano esta xornada céntrase nun tema en concreto. En 2022, baixo a coordinación de ACR+ - socio do Eixo no proxecto EURE, a campaña estará centrada na Economía circular e sustentable no sector téxtil. A intención é chamar a atención sobre o gran impacto que este sector ten no noso planeta e a sociedade pero, principalmente busca inspirar accións que animen á industria en cuestión a adoptar enfoques baseados na economía circular (ex. Venda de artigos de segunda man). Non obstante o anterior, os axentes interesados poden organizar (e rexistrar) accións sobre temas diferentes, sempre que garden relación coa prevención de riscos (ex. Sector da alimentación, a tecnoloxía ou a educación).
Os interesados poden visitar a páxina temática na que poderán atopar máis información en diferentes idiomas, e unha base de datos que recolle centos de iniciativas de edicións pasadas, que poden utilizar como inspiración.