Skip to main content

O Parque Urbano de Ermesinde, en Valongo, acolle a exposición conmemorativa do Eixo

O Parque Urbano de Ermesinde, en Valongo, acolle a exposición conmemorativa do Eixo

O presidente da Cámara e o secretario xeral do Eixo inauguraron a mostra

O Parque Urbano de Ermesinde, en Valongo, xa está a acoller a exposición conmemorativa dos 25 anos do Eixo Atlántico.

O presidente da Cámara, José Manuel Pereira Ribeiro, e o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, inauguraron a mostra este venres día 5, onde permanecerá ata a vindeira semana.

Tras a súa inauguración en Lugo o 15 de febreiro, e o seu paso por Bragança, Viana  e Guimarães, actualmente ja se pode ver no municipio de Valongo.

A partir da próxima semana a exposición será trasladada a Maia, onde permanecerá outras dúas semanas aproximadamente ata a súa montaxe en Braga, a comezos de xuño.  

Trátase dunha mostra composta por 36 lonas articuladas en forma de cubos onde se fai un percorrido pola historia do Eixo e os seus fitos de cooperación transfronteiriza e vertebración do sistema urbano.