Está incluído no Plan de Mobilidade que deseñaron o Eixo Atlántico, o programa Interreg e o Concello do Barco de Valdeorras
A senda aberta sobre a beira esquerda do río Sil, entre a área recreativa do Salgueiral y Viloira, terá unha prolongación até a zona do Campiño. Confirmouno o alcalde, Alfredo García Rodríguez, quen indicou que esta actuación foi incluída no Plan de Mobilidade que deseñaron o Eixo Atlántico, o programa Interreg e o Concello do Barco de Valdeorras e ao que o Eixo Atlantico está a dar a redacción definitiva. Os primeiros traballos foron acometidos pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, quen procederon a rozar a zona o pasado mes de setembro, coincidindo cos labores acometidos para a última edición do Descenso do Sil.
A senda precisará dunha nova actuación, así como da mellora do piso para poder ser utilizada. Os plans municipais contemplan a preparación deste camiño.
A intención do Concello é prolongala senda, comentou Alfredo García. Nas próximas actuacións, as arcas municipais gastarán 60.000 euros. O expediente do concurso leva tempo preparado, non podendo o Concello formalizar a convocatoria debido á paralización derivada do estado de alarma decretado por mor da crise sanitaria.