Skip to main content

O foro termal do Eixo Atlántico avanza nos traballos para que os primeiros resultados sexan visibles a finais de ano

O foro termal do Eixo Atlántico avanza nos traballos para que os primeiros resultados sexan visibles a finais de ano

En febreiro do ano que vén celebrarase o primeiro Seminario de Intercambio de Experiencias termais en Europa

A AECT Chaves-Verín acolleu unha nova reunión do Foro Termal do Eixo Atlántico, que avanza nos seus traballos para que a finais de ano se poida ver xa os primeiros resultados.

Durante a reunión celebrada esta mañá na sede da Eurocidade confirmouse que a primeira guía de recursos termais da Eurorrexión estará terminada a finais deste ano 2018. Ademais, en febreiro do ano que vén celebrarase o primeiro Seminario de Intercambio de Experiencias termais en Europa, no que se darán a coñecer modelos de traballo en rede con outras redes termais europeas.

O foro termal tamén acordou iniciar a recompilación de lexislación e normativa europea, portuguesa, española e a autonómica galega para tentar harmonizar o marco xurídico do termalismo na Eurorrexión.

A reunión contou coa presenza de representantes de concellos termais como O Carballiño, Caldas, Santo Tirso, Feira, Guimarães e a Deputación de Lugo; así como do actual presidente do foro e da Eurocidade, o  alcalde de Chaves, Nuno Vaz; e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.