O salón de plenos do Concello de Ourense recibiu onte os representantes das cidades do Eixo Atlántico, encabezados polo seu secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, para celebrar unha reunión coa responsable do desenvolvemento urbano da Comisión Europea, a húngara Judit Torokne.
O encontro enmarcarase dentro do deseño das políticas urbanas en Europa por parte do novo equipo de traballo comunitario, e serve como primeira reunión de perfil político entre os alcaldes do Eixo Atlántico e a Comisión para tratar asuntos de política urbana e a súa aplicación en Galicia e no Norte de Portugal.
A experta europea, que previamente reuniuse co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, para manter un primeiro contacto persoal e intercambiar puntos de vista sobre o tema, expuxo as liñas mestras que a nova Comisión está a deseñar en materia de políticas e axenda urbana. Os responsables das cidades do Eixo, pola súa banda, tiveron a oportunidade de lle achegar as súas propias opinións e de expor, de maneira crítica, todas aquelas cuestións que, ao seu entender, deben ser melloradas.
Pode descargar a presentación da responsable de desenvolvemento urbano da Comisión Europea aquí: