Skip to main content

O concello de Maia pretende mellorar a mobilidade nalgunhas zonas da cidade

O concello de Maia pretende mellorar a mobilidade nalgunhas zonas da cidade

O proxecto contará con apoio de fondos comunitarios e deberá iniciarse ao longo de 2020

Son máis de 9 millóns de euros para crear ciclovías e ampliar e construír paseos. O obxectivo é incentivar a que as persoas intercambien os coches polo desprazamento a pé e en bicicleta, mellorando e creando vías de circulación. En concreto, interviranse preto de 37 rúas en Maia, Augas Santas e Castêlo de Maia.
O proxecto contará co cofinanciamento de 4,6 millóns de euros provenientes de fondos europeos, concretamente do programa Norte 2020. O inicio das obras producirase ao longo de 2020. Agora mesmo está en marcha o concurso público para a execución dos contratos de obra.

Mobilidade máis sustentable
Esta intervención está contemplada no Proxecto de “Coexistência de Modos Suaves” no núcleo urbano de Maia e pretende mellorar a circulación peonil nos centros urbanos, así como reducir emisión de gases nocivos á atmosfera pola utilización dos automóbiles. Estímase que, por día, en Maia, realízanse preto de 198 mil desprazamentos de coche.
Están proxectadas intervencións en 37 rúas do municipio. A construción de ciclovías está pensada para a Avenida Carlos Oliveira Campos, Vía Diagonal e Rúa João Maia.