A exposición, que estará presente no edificio do antigo Hospital Vello até o 27 de xaneiro, presenta a experiencia do Camiño Portugués da Costa desde o ollar de António Luís Campos, fotógrafo profesional de vida natural que colabora con publicacións como a National Geographic, entre outras
O obxectivo é transportar os visitantes a través do Camiño, ben pola experiencia visual, auditiva e mesmo táctil que é proporcionada, ben polo percorrido xeográfico, no que o territorio que acolle o Camiño da Costa está secuencialmente representado, respectando a orde do traxecto no terreo.
Recórdese que o Centro Interpretativo do Camiño Portugués da Costa, instalado no Hospital Vello, no centro histórico da cidade, é un novo espazo creado polo Concello de Viana do Castelo onde o visitante pode encontrar, alén dun conxunto de elementos encuadrantes e interpretativos do Camiño, un conxunto de informacións relevantes para a conclusión da peregrinación.
A Valorización do Camiño Portugués da Costa encóntrase integrada nunha Rede Intermunicipal, coordenada tecnicamente polo Concello de Viana do Castelo, e onde son parceiras os Concellos do Porto, de Matosinhos, da Maia, de Vila do Conde, da Póvoa de Varzim, de Esposende, de Camiña, de Vila Nova de Cerveira e Valença.