Skip to main content

O alcalde de Viana do Castelo anima aos cidadáns da eurorrexión a confiar en superar a situación actual o máis axiña posible

O alcalde de Viana do Castelo anima aos cidadáns da eurorrexión a confiar en superar a situación actual o máis axiña posible

Manifestou o seu convencemento de que esta crise “non nos vai a separar”

O alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, en declaracións a Radio Vigo, sinalou que vivimos un momento de gran dificultade e apostou por unha actitude serena e solidaria para acatar as medidas que están a tomar, tanto o goberno de Portugal, como o de España. “Imos superar conxuntamente estas dificultades”, indicou.
José Maria Costa lanzou unha mensaxe de ánimo a todos os galegos, convencido da nosa fortaleza para superar estas dificultades entre todos, portugueses e galegos, confiado en que esta crise “non nos vai a separar”.

 

Declaracións de José Maria Costa a Radio Vigo, 16 de marzo de 2020