Skip to main content

Narón habilita un servizo de atención telefónica para maiores

Narón habilita un servizo de atención telefónica para maiores

Vai dirixido a maiores da zona urbana e rural maiores de 75 anos e que viven soas

 O Concello de Narón puxo en marcha o luns un servizo de atención telefónica a persoas maiores do municipio que viven soas. “Trátase dun servizo máis que estamos ofrecendo aos nosos veciños e veciñas, a partir de 75 anos e que recibirán unha chamada do persoal do Concello para saber como se atopan e precísanse algún tipo de axuda que dende o Concello lles poidamos ofrecer”, dixo a alcaldesa, Marián Ferreiro.

o longo de cada mañá, un equipo integrado por persoal funcionario do Concello encárgase de realizar as chamadas telefónicas seguindo unha listaxe e do que forman parte as persoas maiores da zona urbana e rural maiores de 75 anos e que viven soas. “Ao contactar con estas persoas, a maiores de interesarse polo seu estado de saúde e posibles necesidades, o persoal informa a veciñanza sobre outros servizos dispoñibles non Concello tras decretarse o estado de alarma”, apuntou a rexedora local. Entre eles, axuda para realizar a compra de alimentos e medicamentos e levalos ao domicilio, a entrega a domicilio de máscaras ou o comedor do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña.