O certame, dotado con 20.000 € en premios, busca ideas innovadoras e viables, e premiará aos 3 proxectos gañadores. Terán consideración especial aqueles proxectos desenvolvidos en Monforte ou que teñan como obxectivo a posta en valor dos recursos da Ribeira Sacra.
O concurso constará de catro fases: presentación de ideas, selección de ideas polo xurado, presentación de proxectos, e selección de proxectos gañadores.
O prazo para poder participar estará aberto ata o 31 de outubro e as inscricións realízaranse a través da web www.sementedemonforte.org
O concurso persegue estimular as persoas que teñan unha idea para fomentar o emprendemento, podendo participar calquera persoa física que propoña unha idea empresarial.
Para máis información:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.