Skip to main content

Mirandela acolleu coloquio sobre as TIC no Camiño de Santiago

Mirandela acolleu coloquio sobre as TIC no Camiño de Santiago

Na xornada foi esposta a experiencia da Xunta de Galicia tanto a través do Xacobeo, así como outras experiencias de cidades e outros organismos

O auditorio instalado no Museo Municipal Armindo Teixeira Lopes, en Mirandela, encheuse o pasado 27 de outubro para asistir o coloquio "As TIC no Camiño de Santiago ", organizado polo Eixo Atlántico en colaboración co Concello de Mirandela e a Xunta de Galicia

Na xornada foi exposta a experiencia da Xunta de Galicia tanto a través do Xacobeo, empresa pública de xestión destinada á promoción turístico-cultural e á dotación de servizos dos trazados do Camiño, como a través da Amtega que presentou a nova web e a aplicación denominadas “SmartCamiño”.

Na segunda mesa unha representación dos concellos que conforman o Camiño Interior na zona Norte de Portugal, en concreto Vila Real, Chaves e Vila Pouca de Aguiar presentaron a súa experiencia recente na recuperación dos trazados do Camiño así como tamén a páxina web a través da cal facilitan información constante ós peregrinos sobre o estado da ruta así como tamén das actividades que poden atopar en cada concello.
Nun momento no que o Concello de Mirandela está a reunir evidencias e a estudar a súa inclusión no Camiño, non podería ser máis oportuna esta acción de compartir información e coñecemento polos municipios e entidades que xa teñen o proxecto aplicado.