Skip to main content

Lugo e Monforte, unidas a media hora por estrada

Lugo e Monforte, unidas a media hora por estrada

As dúas principais localidades da provincia de Lugo, a propia capital e Monforte de Lemos, quedaron conectadas por unha Vía de Altas Prestacións cuxo trazado permite realizar o percorrido entre ambas as poboacións en pouco máis de media hora. O traxecto entre Lugo e Sarria estaba operativo desde 2012 pero quedaba pendente o trazado entre Sarria e Monforte, unha vía cunha lonxitude de case 28 quilómetros na que a Xunta de Galicia investiu un total de 135 millóns de euros.