Skip to main content

Lugo pon en marcha a estratexia “Lugo seguro” para xerar confianza e recuperar a demanda no comercio e a hostalaría

Lugo pon en marcha a estratexia “Lugo seguro” para xerar confianza e recuperar a demanda no comercio e a hostalaría

Será unha acción formativa para que os traballadores afronten o novo escenario desde un punto de vista sanitario, pero tamén psicolóxico e de comunicación

O Goberno de Lara Méndez porá en marcha unha nova iniciativa para axudar ao comercio e á hostalería lucense durante o período de desconfinamento dentro dunha estratexia encamiñada “a xerar confianza e seguridade entre clientes e provedores nun Lugo segu“O obxectivo é axudar a recuperar a demanda e reactivar a economía en dous sectores estratéxicos, pois supoñen o 25% do emprego da nosa cidade, sendo o principal sustento económico de moitas familias e un dos piares da economía local”, segundo sostivo a alcaldesa.
A primeira destas iniciativas será a posta en marcha dun curso on-line pioneiro para os e as traballadoras destes sectores, que será impartido por profesionais da medicina, a psicoloxía e a comunicación, co que achegar aos participantes as habilidades e coñecementos precisos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19.
Lara Méndez explicou que “esta formación é única en España, pois conta cun elevado nivel de especialización para dar resposta ás necesidades derivadas da situación actual. Neste senso, non só se cingue á prevención de riscos laborais, senón que tamén aborda a xestión de habilidades emocionais ou comunicativas, entre outros aspectos”.
Trátase dun curso interactivo, con recursos audiovisuais e exercicios prácticos. Impartirase en liña, mediante unha plataforma de elearning, accesible desde dispositivos móbiles e que permite unha comunicación instantánea alumno-titor.
A iniciativa levarase a cabo dende a área de Desenvolvemento Local e Emprego, baixo a marca Lugo É Capital, que aglutina todas as accións do Goberno de Lara Méndez en apoio á economía de proximidade.
Con este curso obterase o diploma de Establecemento de Confianza, sempre que polo menos unha persoa da empresa participe na formación, impartida por unha médico epidemióloga experta en sanidade pública, unha psicóloga e unha doutora en comunicación.

 Declaración de Lara Méndez, alcaldesa de Lugo