A xunta local de goberno adxudica as carpas e os folletos para a vixésima edición do mercado, os días 4 e 5 de abril
A Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración de Sarria contará cunha trintena de expositores na súa vixésima edición, que se celebrará os días 4 e 5 de abril, coincidindo este ano coas datas de Semana Santa.
O mercado urbano reunirá na Rúa do Porvir e en Marqués de Ugena a 18 anticuarios e coleccionistas, entre os que se atopan os profesionais da vila e outros chegados de distintas localidades. Tamén se instalarán varios artesáns (un deles de cerámica de Barcelos) e poderase visitar unha carpa dedicada aos máis novos, con pezas antigas pensadas para eles e a prezos alcanzables.
No recinto feiral haberá demostracións en vivo de oficios tradicionais e carpas con información do Concello e do Eixo Atlántico, que toma parte da organización do evento a través do Centro de Antigüidades e Restauración de Sarria (Crar). Espérase, ademais. O programa de completará con exposicións de bordados e palillos e con postos de gastronomía, entre os cales se espera como novidade un expositor de cervexa artesanal.
A concelleira de turismo, María Ana Fernández, e os anticuarios de Sarria mantiveron onte unha nova reunión preparatoria da feira que ten pendente de definir se introduce por primeira vez unha poxa e os actos conmemorativos do vixésimo aniversario.