Pode contemplarse na praza do concello
A exposición conmemorativa dos 25 anos do Eixo Atlántico estará ata o 23 de outubro na praza do Concello do Barco de Valdeorras.
Trátase dunha mostra composta por 36 lonas articuladas en forma de cubos onde se percorre a historia do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e os seus fitos en termos de cooperación transfronteiriza e vertebración do sistema urbano.
Esta, constitúe unha das últimas paradas das mostra, tras a súa inauguración en Lugo o 15 de febreiro e o seu paso por Bragança, Viana do Castelo, Guimarães, Valongo, Maia, Braga, Monforte, O Carballiño, Santa Maria da Feira e Peso da Régua.
Galería de fotos
View the embedded image gallery online at:
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/ciudades/la-exposicion-conmemorativa-de-los-25-anos-del-eixo-estara-hasta-el-23-de-octubre-en-o-barco-1#sigProId51e672af87
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/ciudades/la-exposicion-conmemorativa-de-los-25-anos-del-eixo-estara-hasta-el-23-de-octubre-en-o-barco-1#sigProId51e672af87