A Eurocidade Chaves-Verín preséntase en FITUR como o primeiro destino turístico transfronterizo
O Director da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, Juan Manuel Jiménez Morán e o Presidente da Eurocidade, António Cândido Monteiro Cabeleira presentarán en Fitur o vindeiro xoves 29 xaneiro o primeiro destino transfronteirizo da Península Ibérica: *Chaves-Verín, a “Eurociudad da Auga”
O acto levará a cabo na Feira Internacional de Turismo (FITUR) ás 17.00 horas (hora local), na Caseta de Galicia, no Recinto Feiral Juan Carlos I de Madrid.
O destino transfronteirizo Chaves-Verín sitúase como un destino biosaudable en torno á auga mineromedicinal e termal apostando por unha estratexia de promoción e comercialización conxunta.