Skip to main content

A Eurocidade Chaves-Verín presentaráse na exposición mundial de cidades intelixentes de Barcelona 2015

A Eurocidade Chaves-Verín presentaráse na exposición mundial de cidades intelixentes de Barcelona 2015

A Eurocidade Chaves-Verín confirma a súa asistencia ao Smart City World Congress, que se vai celebrar do 17 ao 19 de novembro no recinto de Gran Vía da Fira de Barcelona, tras  ser seleccionada co seu proxecto de cooperación transfronteiriza entre Chaves e Verín “Smart Cross Border destination” (Destino transfronteirizo intelixente) pola súa estratexia innovadora de comercialización e promoción turística transfronteiriza. O proxecto foi elixido entre máis de 279 propostas, a nivel mundial, de cidades intelixentes candidatas.

A AECT vai participar nos relatorios que se van a celebrar ó longo dos tres días de congreso, onde se vai a abordar a gobernanza transfronteiriza  nas conurbacións europeas de baixa densidade de poboación. A Eurocidade Chaves Verín vai impartir unha charla na que vai ser a única AECT europea que profunde no novo modelo de cidades intelixentes transfronteirizas.

A quinta edición de Smart City Expo World Congress é a única cita internacional sobre smart cities que reúne a máis de 400 cidades de todo o mundo, a 300 relatores e ás principais institucións e persoas que lideran o cambio e a transformación urbana para proporcionar as estratexias e ferramentas necesarias para impulsar o intercambio de coñecemento, o desenvolvemento de asociacións e a creación de oportunidades de negocio no novo mercado das solucións e tecnoloxías urbanas.