Skip to main content

A Deputación de Zamora aproba a construción dun novo viario entre Puebla de Sanabria e Bragança

A Deputación de Zamora aproba a construción dun novo viario entre Puebla de Sanabria e Bragança

Esta acción, defendida dende a RIET, afirma, “é fundamental para fidelizar o turismo con destino á comarca e a Portugal”

A Deputación de Zamora aprobou a construción dun novo viario de conexión por estrada, entre as localidades zamoranas de Ungilde e Robledo con enlace Bragança e Puebla de Sanabria. A nova aproveitará, na medida do posible, algún dos trazados actuais.


Esta medida, apoiada pola Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), é primordial para o desenvolvemento económico e a fidelización do turismo con destino a Zamora, á comarca e a Portugal, segundo afirma a moción aprobada pola Deputación.


A nova construción permitirá reducir o tempo de chegada á estación do AVE en Otero de Sanabria, que chega de Galicia e revitalizar os municipios polos que transcorre a vía. A obra facilitará, ademais, o acceso dos cidadáns portugueses de Trás-os-Montes e o seu acceso a unha conexión rápida con Galicia, a capital de España e a súa saída a Europa.


A liña do AVE Madrid-Galicia dota á provincia con dúas estacións e unha mellora substancial das conexións co resto de España, pondo en valor a excelente ubicación xeográfica de Zamora, a comunicación con Bragança e un acortamento das distancias.