Skip to main content

Festival Internacional de Imaxe de Natureza, en Vila Real

Festival Internacional de Imaxe de Natureza, en Vila Real

Festival Internacional de Imaxe de Natureza, en Vila Real

Entre o 1 e 10 de decembro de 2017 transcorrerá en Vila Real o Festival Internacional de Imaxe de Natureza (FIIN) http://www.fiin.pt/, organizado polos servizos de Ambiente do municipio.

Este festival é un proxecto que busca sensibilizar a sociedade para a importancia da preservación da biodiversidade. Conxugando artes e coñecemento, pretende facer chegar a todos unha mensaxe sobre a necesidade de preservación do patrimonio natural do planeta. O programa conta con dúas exposicións, un Encontro Internacional de Fotografía e Cinematografía e diversos obradoiros. Será tamén presentado o Festival de Curtametraxes da biodiversidade, que transcorrerá en diversos locais incluíndo o Teatro de Vila Real.