Skip to main content

Feira celebra Día Nacional dos Castelos con “Visitas encenadas”

Feira celebra Día Nacional dos Castelos con “Visitas encenadas”

Trátase dun percorrido polas memorias e lendas do Castelo de Sta. María de Feira con personaxes doutros tempos

Os días 7, 8 e 9 de outubro, o Castelo de Sta. María de Feira abre as portas para visitas escenografiadas que van transportar os visitantes polas historias e memorias, lendas e segredos do ex-libris feirense, con personaxes doutros tempos que alí viviron ou por alí pasaron en momentos concretos da historia local e nacional. Unha iniciativa conxunta do Concello de Santa Maria da Feira e da Comisión de Vixilancia do Castelo para celebrar o Día Nacional dos Castelos.
As “visitas encenadas” (escenificadas) comezan na Porta Barbacã, percorrendo despois os espazos e episodios máis destacados dun monumento que ten orixes anteriores á propia nacionalidade e garda moitas historias que a maioría dos visitantes descoñece.
Ao longo da Historia, o Castelo de Feira desempeñou varias funcións. Foi castro de ocupación romana, baluarte contra as invasións normandas, forte militar na época da Reconquista, sede de rexión militar, centro político que levou á independencia de Portugal e habitación de familias reais e nobres. Pero hai outras historias, memorias e curiosidades que serán desveladas nestas visitas escenificadas.
Tres días de visitas
O Día Nacional dos Castelos, o 7 de outubro, as visitas son de acceso gratuíto, como forma de celebrar a efeméride. O sábado e domingo, 8 e 9 de outubro, as visitas destínanse ao público en xeral, e o prezo é o mesmo que o de acceso ao Castelo (3 euros). Todas as visitas están limitadas á participación de 50 persoas, de forma a garantir o mellor seguimento e comodidade por parte dos visitantes, polo que é necesaria a inscrición previa, a través de formulario on-line http://bit.ly/visenc

Para máis información, os interesados deben contactar co Gabinete de Turismo do Concello, a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou teléfono 00 351 256 370 802.