Skip to main content

Eurocidade Chaves- Verín finalista ao mellor proxecto europeo nos premios Regiostars 2015

Eurocidade Chaves- Verín finalista ao mellor proxecto europeo nos premios Regiostars 2015

O proxecto de cooperación transfronteriza entre Chaves e Verín é un dos 5 finalistas confirmados aos premios Regio Stars 2015 na categoría CityStars, unha iniciativa organizada pola Comisión Europea desde o
2008 que distingue os proxectos mais innovadoras e inspiradores de Europa financiados polos fondos da política de cohesión da UE.

Na avaliación da candidatura da “Eurocidade Chaves-Verín”, proxecto cofinanciado polo POCTEP 2007/2013 en perto de 1,4 millóns de euros, o xurado subliñou o impacto positivo da colaboración entre as dúas localidades, tanto a nivel institucional, como  económico,  social,  cultural  e  ambiental.  Ademais,  dos  logros  acadados  no  desenvolvementeo  de  estructuras  de cooperación e deselvolvemento conxunto nas áreas de mocidade, eventos culturais, comercio, deporte, lecer, turismo e emprendedorísmo.

A Eurocidade, que compite con outras cinco iniciativas finalistas de Suecia, Francia, España e unha cooperación entre cidades fronterizas  de  Suecia  e  Noruega  foi  seleccionado  por  un  xurado  independente,  presidido  polo  deputado  do  Parlamento Europeo Lambert van Nistelrooij, xunto con dezasete finalistas mais entre as 143 candidaturas presentadas, sobre a base de catro criterios fundamentais: innovación, impacto, sostenibilidad e colaboración.

Ademais da categoría CityStar (transformación de cidades para desafíos futuros), o RegioStars 2015, cuxos finalistas desta edición  representan  as  rexións  e  cidades  de  15  Estados  Membros,  contemplan  as  áreas  de  “Crecemento  Intelixente” (promoción  do  potencial  de  crecemento  das  pequenas  e  medias  empresas  para  unha  economía  dixital),  “Crecemento Sustentable”   (mobilización   de  investimentos   en  eficiencia   enerxética   para  o  beneficio   de  cidadáns  e  sociedade)   e “Crecemento Inclusivo” (integración social para persoas en risco de exclusión).

Os catro vencedores dos premios serán coñecidos durante os Open Days 2015, a Semana Europea das Rexións e Cidades que, este ano, sucederá entre 12 e 15 de Outubro, en Bruxelas. Posteriormente, serán destacados pola Comisión Europea como exemplos de boas prácticas nas políticas públicas de desenvolvemento rexional.