Celebrou a súa cuarta edición na cidade de Barcelos
Até 14 cidades do Eixo Atlántico presentaron as súas experiencias en diferentes ámbitos da educación, nesta ocasión centradas na política social, a integración e a cohesión das cidades. No seminario participaron en torno as 70 persoas, concelleiros e técnicos de educación das cidades do Eixo Atlántico. Ao seminario, que chegou a súa sexta edición, se celebrou na cidade portuguesa de Barcelos.
En materia de Inclusión, a cidade anfitrioa presentou o Proxecto de Orientación Adaptada – para persoas con deficiencia intelectual, nenos en idade escolar e 3ª idade. O obxectivo deste programa é proporcionar a práctica da modalidade de Orientación Adaptada a todas as escolas e institucións que prestan apoio á deficiencia e a 3ª idade no concello de Barcelos. Preténdese crear o Campionato de ORI-adaptada e crear condición para a participación dos atletas Barcelenses na Copa de Portugal de Ori-adaptada. Encontrase en fase experimental e de implantación da modalidade de Orientación Adaptada a Caballo.
Pola súa banda, Maia expuxo o proxecto “Desafíos para a equidade na educación” un programa que ten por obxectivo dar apoio específico a estudantes con dificultades moi sensibles, estimulando o seu potencial. Ao mesmo tempo, apoiar as familias que non conseguen encaixar no seu orzamento as terapias necesarias para o benestar e desarrollo dos nenos. O programa contempla natación, terapia asistida por cabalos, musicoterapia e actividades nas feiras escolares. A última actividade pertence ó proxecto "INEDIT.MAIA - Inclusión pola Educación , Investimos en Ti, creado para a promoción do éxito escolar.
O Proxecto “Quen Ten Medo”, da cidade de Braga é un programa para a inserción da etnia xitana, dirixida a nenos con risco de marxinalidade, incluindo o nivel de escolaridade dende 5º a 7º acompañados ata o 9º ano, contemplando diversas actividades de expresións artísticas, co fin de promover aptitudes de respeito mutuo. Vila Nova de Gaia presentou “GaiaAprende+i” un programa municipal de apoio educativo promovido polo Município.
No ámbito da expresión musical a cidade de Porto expuxo o proxecto “Crescer com a Música” na educación Pré-escolar que ten como principal obxectivo promover a inserción social e combgatir a exclusión a través do desenvolvimento dun conxunto de accións que creen oportunidades de valorización persoal a través de diferentes instrumentos de carácter cívico e a promoçión da cidadania de carácter cultural, social e de animación.
En materia de innovación a cidade de Valongo presentou o proxecto “Mais VAL”, un conxunto de medidas que intentan promover as competencias da lectura, ou creación de apoio na transición entre o 1º e 2º ciclo de escolaridade. O proxecto está sendo implantado en varias fases. Santa Maria da Feira, pola súa banda, presentou EDUFEIRA: Inovamos para o Éxito, destinado a nenos do 1º Ciclo de Ensino Básico, orientado a previr e reducir o abandono escolar precoz proporcionando un ambiente rico en tecnoloxía, facilitador da aprendizaxe, do traballo colaborativo e de compartir ideas.
O proxecto “School 4All – Viana do Castelo” é unha aposta na calidade da educación nun esforzo continuado de recalificación e reorganización da rede educativa, promovendo as condicións de ensino e o aprendizaxe dos nenos.
Na área de Participación e creación na escola os asistentes coñeceron os programas “O Noso Patio” de A Coruña; un proceso participativo da comunidade educativa (con especial participación do alumnado), e o programas de conciliación familiar, laboral e persoal no ámbito educativo de Santiago de Compostela.
No proxecto “Ante Pé” e “Mais Dois” de Guimarães, se asume a educación para todos e a importancia da transversalidade do coñecemento e das artes como factores potenciadores do éxito educativo. Así, traballa na explotación das competencias persoais e sociais a través das artes representativas como teatro e danza, contribuíndo a formación integral.
Finalmente, no ámbito da cohesión social foron presentados os traballos das políticas sociais en materia educativa, bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares da cidade de Santiago de Compostela, o programa Acompañar “Son o que Son en Virtude do que Todos Somos” de Vila Nova de Famalicão que pretende crear procesos potenciadores da mellora do rendemento escolar e procesos de capacitación, inclusión e envolvemento social dos alumnos. A cidade de Matosinhos dio a coñecer “+Literacia” un proxecto de formación orientado nunha perspectiva sociocomunitaria que ten como obxectivo desenvolver accións de alfabetización a persoas con mais de 18 anos que no saben ler ou escribir ou que o fan con moita dificultade.