Skip to main content

O Foro do Correio do Minho considerado histórico para o desenvolvemento do Minho

O Foro do Correio do Minho considerado histórico para o desenvolvemento do Minho

A presenza de 5 alcaldes do Minho debatendo sobre o seu futuro e a clausura da sesión a cargo do Secretario de Estado De Desenvolvemento de Portugal, Nélson de Souza e do eurodeputado portugués José Manuel Fernandes, realzan unha sesión de debate sobre o Futuro do Minho

Organizado polo periódico Correio do Minho de Braga en colaboración co Eixo Atlántico, “El Futuro del Minho” centrou unha xornada onde se desgranou qué se debe facer e cómo orientar as accións que coloquen a esta rexión na punta de lanza do desenvolvemento da eurorrexión Galicia Norte de Portugal.
Os alcaldes de Viana do Castelo, Guimarães, Barcelos e Famalicão debateron sobre a situación e o futuro do Minho entendido como un espacio xeograficamente situado entre a área metropolitana de Porto e Trás-os Montes. O alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa afirmou estar disposto a integrase en Quadrilátero (organismo que reúne a Barcelos, Famalicão, Guimarães e Braga) para facer que o Minho sea cada vez mais oída e respectada para conseguir o desenvolvemento do territorio.
Outra das ponencias contou coa participación de grandes empresas asentadas no Minho e a presenza da Presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia, Carmen López, quen avogou polo emprendedurismo e a colaboración entre emprendedores galegos e do Norte de Portugal.
Cando se abordou as potencialidades do Minho como eixe da eurorrexión, o director do Diario de Pontevedra, Miguel Ángel Rodríguez, abogou por encontros tan positivos como o celebrado. O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoan V. Mao destacou que o 25% dos centros tecnolóxicos do Norte de Portugal están na rexión do Minho e por tanto “é preciso aproveitar o tirón, contando con que a Unión Europea orientará seus fondos cara o I+D+I nas próximas convocatorias e debemos orientar os nosos esforzos neste sentido”.
Na clausura da xornada o eurodeputado portugués José Manuel Fernandes, destacou a necesidade de orientar as plataformas de desenvolvemento da rexión contando co Plan Junker, unha serie de fondos destinados ao desenvolvemento de Europa cunhas condicións as que poden acceder, tanto as institucións, como as empresas.
Por último, el Secretario de Estado de Desenvolvemento portugués, Nélson de Souza, destacou a importancia de que as inversións deben ser financiadas, executadas e ademais, obter resultados positivos para o que é necesario presentalos en condicións para que incidan no crecemento económico e social da rexión.